Óscar Vilariño retoma os fíos soltos de Vale Tudo con este novo proxecto xunto a Marcos Junquera, do que xa hai tres evidencias na rede. Tamén acaba de poñer en circulación ‘Salmonete’, primeira referencia de Mullet para Efepé Ediciones, e prepara material cunha terceira banda, Musel.
_
No Disimulen desta semana en El País repaso os tres proxectos de Óscar Vilariño tras a disolución de Vale Tudo e a súa saída de Triángulo de Amor Bizarro: A Veces Ciclón, secuela de Vale Tudo na que Marcos Junquera (Betunizer) substitúe a Rafael Mallo na batería, e que publicará o seu primeiro álbum en Acuarela; Mullet, divertimento xunto a Olalla Caamaño e Raúl García, con debut no seu propio selo, Efepé Ediciones; e Musel, proxecto aínda inédito de Vilariño xunto a Pablo Saavedra (Sebastopol) e a propia Caamaño.
