Antón Reixa e Julián Hernández circa 1986

O 27 de decembro, Siniestro Total celebrará o trinta aniversario do seu debut co primeiro concerto da súa historia en La Iguana (Vigo). O 12 de maio tocaralle aos Resentidos. Antón Reixa, Rubén Losada e Javier Soto, con outros trinta no lombo, volverán subir xuntos a un escenario en Ourense. A festa chamarase “A tribo toda baila”, como aquel verso de ‘Música feliz’.

_

Dúas efemérides en menos de doce meses, e non por casualidade. A historia das dúas bandas, se cadra as máis influentes no arrabaldo da música popular contemporánea en Galicia, está ensarillada dende o inicio. A primeira maqueta dos Resentidos gravouse nun catro pistas na casa de Julián Hernández, e talvez nunca existiría Siniestro Total sen o baixo da familia de Reixa no que ensaiaban. A batería que empezou a tocar o líder de Siniestro, e que aínda conserva, regaláralla o dos Resentidos. Á inversa, os discos británicos que arrincaron o poeta, cineasta e produtor da fascinación pola música culta trouxéraos de Londres o seu colega e veciño de Vigo. Os seus pais xa foran compañeiros no colexio Labor, e aí seguen trinta anos despois enrolados en proxectos comúns. O último ten ben pouco que ver co punk. O encontro é na sede compostelá da Sociedad General de Autores y Editores (SGAE). Acaban de saír dunha reunión. Os socios galegos da entidade, entre eles Julián Hernández, aspiran a gañar peso na refundación posbautista. Antón Reixa optará á presidencia.

Pregunta: Que fan dous heroes dos oitenta na sede da SGAE?

Antón Reixa: [Risas] Explícocho con moita convicción: no estado español, SGAE é sinónimo de dereitos de autor, e o dereito da propiedade intelectual é a base da independencia e a liberdade de creación cultural. Por iso o que pasou na entidade foi un mazazo. En vinte e cinco anos de socio nunca me preocupara por todo isto.

Julián Hernández: Eu tampouco.

A.R. Seguín con moitísima ilusión o 15M, pero creo que o acento que se pon no dereito de propiedade intelectual e no canon dixital como obstáculos para o acceso á cultura é unha cortina de fume. Os problemas son ben outros.

J.H. Como vas manter unha industria cultural?

A.R. Hai que refundar a SGAE, e iso depende da soberanía dos socios. Non me importa recoñecer que é unha cuestión de vontade política.

P. O problema de imaxe da entidade é serio, pero non son menores as dificultades á hora de defender, ou mesmo explicar, un modelo de negocio que parece obsoleto.

J.H. Hai que falar tamén de Fu Manchú, que é quen está detrás de todo: os servidores, as compañías telefónicas… O que ten pagar non é o usuario que baixa 500.000 cancións, senón o servidor.

Le a entrevista completa en El País

Máis información sobre o concerto de reunión dos Resentidos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>