Jeff Tweedy, por Olalla Lojo

Non é ese o soño imposíbel que Wilco encarna para un par de xeracións? Ao cabo, non é tanta derrota que ‘Misunderstood’ soe demasiado perfecta en directo. Ou si?

_

Tiña pouca fe no concerto de Wilco en Vigo. Nin me conto entre os adoradores incondicionais de Jeff Tweedy nin participo do xuízo sumarísimo ao seu historial clínico (e musical). Con todo, aí está, moi arriba no meu mp3 sentimental, o brillante A Ghost Is Born (2004). Non é que sexa mellor que o outro disco con pedigrí experimental dos de Chicago, o Yankee Hotel Foxtrot (2002), pero foi a miña porta de entrada, e iso non se esquece. Cheguei tarde a case todo.

Entrei no Auditorio do Mar –era a miña primeira vez, as luces no teito recordáronme o Auditori do Fòrum de Barcelona– disposto a ser esixente, mesmo rabudo, e conseguino durante a primeira parte. Entre outras cousas porque alá arriba, nos asentos reservados para a prensa, non se escoitaba de todo ben. Custábame entender a Tweedy.

Con Muzzle of Bees, por razóns obvias, empecei a poñerme tonto, e mentres soaba Hummingbird pensei para min que estaba perdido. Cando coseron unha tras outra Jesus, etc, Impossible Germany e Misunderstood xa tiña claro que o antídoto ante tanta perfección tamén é perfecto, e que talvez esteamos dispostos a consentirlle certas cousas aos de Chicago porque acarician como poucas bandas ese mito ilustrado: e se o mainstream non tivese por que ser lixo?

A foto de Jeff Tweedy no Auditorio do Mar é de Olalla Lojo.

comentarios[1]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>