Mano de Obra

“Coidado con Galicia: está inzada de subalternos. Non están organizados, pero bailan e cantan e gruñen e fano en galego (uns) e sen permiso (todos). E enriba, reprodúcense”.

_

Así empeza o dossier que preparei, con axuda de David Saavedra, para a Rockdelux de outubro. Non están todos os que son, xaora. Faltan moitísimos, non só Mequetrefe. É unha panorámica urxente, centrada sobre todo na produción máis recente, e pretendía centrar a cuestión. Faino Daniel Salgado, de Das Kapital, ao comezo: “O problema do epígrafe pop galego procede do problema político de Galicia. Hai dúas linguas, pero unha, o galego, histórica e politicamente sometida. Se non partimos dun consenso, de novo político, sobre esta base, é imposíbel chegar a ningún acordo. Para que haxa libre elección debe haber igualdade de condicións, e é evidente que na Galicia dos últimos cincocentos anos, e sinto poñerme estupendo, non a houbo. E segue sen habela. O pop non pode evitar enfrontarse a estas contradicións e tomar posición. Tampouco diante do conflito de clases. A partir de aí, como dicía Ramón de Valenzuela, é tempo de apandar”.

Entre Daniel Salgado, David Saavedra e o que lle dá á tecla armamos unha nómina bastante xenerosa de proxectos, a maioría deles con produción recente circulando libremente pola rede: Das Kapital, con Ruído Negro; Ataque Escampe, con Violentos anos dez; Vale Tudo, desaparecidos en 2009 pero a piques de dar noticias nalgunha das súas secuelas; Emilio José, que xa tarda en parir a continuación de Chorando apréndese; os pontevedreses Urro; Dios Ke Te Crew, con Humanose; Malandrómeda e Fluzo, destacando este último debut; e Diadermin e Murmel Bruxas, con referencias en SosoAudio. Tamén hai sitio para Triángulo de Amor Bizarro e o seu Año Santo; Nadadora con Luz, oscuridad, luz, ademais dos seus compañeiros no catálogo de Ernie Records; Carrero Bianco con Oferta de lanzamiento; Colectivo Oruga, por Too Many Knobs; Disco Las Palmeras! con Nihil Obstat; SraSrSra e os seus traballos na rede; Mano de Obra e Imperio Cobra; o debut de Franc3s; a carreira de Apenino; e a tropa do Galician Bizarre.

comentarios[6]

froiland di o 24 Outubro, 2011 ás 18:18:

-

…como sempre Rockdeluxe apostando polos colegas e ignorando os que logo encumbraran na lista do mellor do seculo.Dende logo non e moi informativo o informe.

Responder
autonauta di o 24 Outubro, 2011 ás 18:25:

-

Rockdelux non apostou por ninguén, neste caso. Na reportaxe queda ben ás claras quen escolle a quen e por que. Por curiosidade: que grupo galego tan xa unha praza adxudicada no mellor do século, a falta de 89 anos?

Responder
froiland di o 26 Outubro, 2011 ás 16:48:

-

Pois iso, colegueo…bueno…algún acerto haberá… pero case que sempre…Facianme gracia as pasadas listas dos mellores da decada ou o seculo cheas de cousas que xamais nin reseñaron.

Responder
cortofran di o 16 Marzo, 2012 ás 22:38:

-

Lendo o moi lúcido comentario de “froiland” podo imaxinar que o seu grupo -ou quizáis o grupo dos seus colegas- non sae no informe ¿non sí? ;)

Qué mala é a envexa, o texto está moi ben, e está claro que foi escrito movido puramente pola curiosidade, todos os nomes do informe son relevantes. Claro que non están todos os que son, pero xa era hora de que alguén nombrara en unha revista nacional a Fluzo e Mano de Obra.

Noraboa!!

Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>