Alcúmanse como un dos personaxes de Little Britain e aínda non naceran cando Lois Pereiro escribiu ‘Cartografía’ na década dos oitenta. Nin sequera cando publicou o seu primeiro libro en Edicións Positivas (1992).
_
Afonso Traficante, Carlos Gómez, Fiz García e Jules Sambade forman Vicky Polard, unha banda de rapaces nados xa nos noventa e con base en Santiago. En Vencido (A Lois Pereiro), un dos tres temas que teñen colgados no seu myspace, cruzan Cartografía co popular epitafio do monfortino.
Agora que Xornal de Galicia desapareceu sen deixar rastro, e con el un feixe de traballos sobre Lois Pereiro publicados ao longo deste ano, haberá que recompilar de novo as cancións que teñen que ver coa súa vida e coa súa obra. Como esta de Diadermin sobre (Comedias e proverbios ou un conto moral).

