Será unha sección quincenal dedicada á música que se pon a circular en Galicia. Desta volta ocúpome de Das Kapital, gratísima sorpresa, e dúas bandas máis madrugadoras este ano: Mano de Obra e Disco Las Palmeras!.
_
O venres publicouse en El País a primeira entrega da serie. O protagonismo é para o primeiro traballo de Marcos Paino, Daniel Salgado e O’Leo, agora Das Kapital xunto a media ducia de colaboradores. Titúlase Ruído negro, pódese descargar de balde aquí e non me sae da cabeza. Aproveito para rescatar dous discos lateralmente relacionados con este e que doutro xeito –son de xaneiro– non entrarían xa en Disimulen: Nihil Obstat, primeira referencia de Disco Las Palmeras! en Matapadre, e Imperio Cobra, EP de Mano de Obra que se pode escoitar na rede.
A foto de O’Leo berrando en directo é de Emerson Díaz.

