el país directo mano de obra entrevista os meus 50 discos de 2011 das kapital disimulen listaxes franc3s a veces ciclón música srasrsra

Bigott chámase en realidade Borja Lanudo, aínda que consente que lle chamen Pancho ou calquera outra cousa que se lle ocorra no momento. Con el non paga a pena o vello truco de indicar entre corchetes cando ten que soar a gargallada na cabeza do lector: o delirio é constante. SON Estrella Galicia programa tres concertos do zaragozano esta semana: o xoves en Ourense (Torgal), o venres en Vigo (Mondo) e o sábado na Coruña (Le Club).

[+]

Terceira entrega do meu resumo (sentimental) do ano pasado en medio cento de gravacións. A tal hora, xa non recordo por que Cults están tan arriba e La Estrella de David quedou tan abaixo, pero é o que hai. Supoño que non me queda outra que responder do meu arrouto.

[+]

Dánseme fatal as listaxes. Creo que as tomo demasiado en serio, e ser un tipo entusiasta tampouco axuda. Por iso me propuxen o reto este ano, e cumprín dúas veces: primeiro coas de Rockdelux, que se publican no número de xaneiro, e agora con esta. Son 50 discos, pero non son os mellores.

[+]

Sairá en abril e incluirá doce dos catorce temas que o dúo vigués gravou no estudio de Manu G. Sanz en Tomiño, entre eles os catro que xa circulan pola rede. Prometedor.

[+]

O 27 de decembro, Siniestro Total celebrará o trinta aniversario do seu debut co primeiro concerto da súa historia en La Iguana (Vigo). O 12 de maio tocaralle aos Resentidos. Antón Reixa, Rubén Losada e Javier Soto, con outros trinta no lombo, volverán subir xuntos a un escenario en Ourense. A festa chamarase «A tribo toda baila», como aquel verso de ‘Música feliz’.

[+]