Completamos o tributo ao selo con tres fotografías de época e unha entrevista ao gaditano e achegámonos a Extramuros, un novo espazo de colisións artísticas na Coruña.
Completamos o tributo ao selo con tres fotografías de época e unha entrevista ao gaditano e achegámonos a Extramuros, un novo espazo de colisións artísticas na Coruña.
Conversamos coa musicóloga, achegámonos ao proxecto de Adtlántida.tv e comezamos un tributo aos vinte anos de Acuarela que completaremos a semana vindeira.
Conversamos co poeta e ensaísta madrileño, escoitamos os argumentos do novo disco de Niño y Pistola e petiscamos nas cancións do Record Store Day galego.
Xa me tarda o reinicio do curso e os discos por vir. Aí quedan os que me tiraron da orella na primeira etapa do ‘Disimulen’ na edición galega de El País, entre o outono do ano pasado e o verán do noso descontento. En setembro máis, se non cambia o vento. Non será por candidatos.
Dánseme fatal as listaxes. Creo que as tomo demasiado en serio, e ser un tipo entusiasta tampouco axuda. Por iso me propuxen o reto este ano, e cumprín dúas veces: primeiro coas de Rockdelux, que se publican no número de xaneiro, e agora con esta. Son 50 discos, pero non son os mellores.
Sairá en abril e incluirá doce dos catorce temas que o dúo vigués gravou no estudio de Manu G. Sanz en Tomiño, entre eles os catro que xa circulan pola rede. Prometedor.
Óscar Vilariño retoma os fíos soltos de Vale Tudo con este novo proxecto xunto a Marcos Junquera, do que xa hai tres evidencias na rede. Tamén acaba de poñer en circulación ‘Salmonete’, primeira referencia de Mullet para Efepé Ediciones, e prepara material cunha terceira banda, Musel.