Xa me tarda o reinicio do curso e os discos por vir. Aí quedan os que me tiraron da orella na primeira etapa do ‘Disimulen’ na edición galega de El País, entre o outono do ano pasado e o verán do noso descontento. En setembro máis, se non cambia o vento. Non será por candidatos.