Recupero esta breve entrevista cun dos membros de Lisabö. Este sábado 22 de setembro, ás 20.30, están en Capitol (Santiago) con Cave e Unicornibot. Eu non o dubidaría.
Recupero esta breve entrevista cun dos membros de Lisabö. Este sábado 22 de setembro, ás 20.30, están en Capitol (Santiago) con Cave e Unicornibot. Eu non o dubidaría.
Os grises retrocedían e os traballadores rabuñaban metros. Ía case na cabeza da multitude. Había 4.000 persoas, voaban balas e pedras. Sen saber por que, pensou en pardais a bater entre si sobre o ceo de China.
Retomo o escaparate de novidades en ‘El País’ co terceiro disco de Fernando Abreu e Pablo Carrera como dúo e a secuela de ‘Galician Bizarre’.
Unha conversa co profesor da Universidade Autónoma de Madrid a conto do seu último libro, o contundente ‘España, un gran país’ (Catarata, 2012). En poucas palabras: unha emenda á totalidade do que Taibo chama “o proxecto español de finais do século XX”.
Manuel Xestoso e Cid Cabido compartiron mesa e conversa co presidente da SGAE en varias ocasións entre a primavera e o verán de 2011. O exercicio de memoria consentida está recollido en ‘Antón Reixa. Ghicho distinto’. Malia os excesos, é unha lectura recomendábel.
Xa me tarda o reinicio do curso e os discos por vir. Aí quedan os que me tiraron da orella na primeira etapa do ‘Disimulen’ na edición galega de El País, entre o outono do ano pasado e o verán do noso descontento. En setembro máis, se non cambia o vento. Non será por candidatos.
Sairá en abril e incluirá doce dos catorce temas que o dúo vigués gravou no estudio de Manu G. Sanz en Tomiño, entre eles os catro que xa circulan pola rede. Prometedor.
Martí Maymó é o baixista de Manel. Esta semana está en Galicia xunto aos outros tres compoñentes da banda, Arnau Vallvé, Roger Padilla e Guillem Gisbert. Tocan en Ourense o mércores, en Santiago o xoves e na Coruña e Vigo o venres e o sábado.
O 27 de decembro, Siniestro Total celebrará o trinta aniversario do seu debut co primeiro concerto da súa historia en La Iguana (Vigo). O 12 de maio tocaralle aos Resentidos. Antón Reixa, Rubén Losada e Javier Soto, con outros trinta no lombo, volverán subir xuntos a un escenario en Ourense. A festa chamarase “A tribo toda baila”, como aquel verso de ‘Música feliz’.
Óscar Vilariño retoma os fíos soltos de Vale Tudo con este novo proxecto xunto a Marcos Junquera, do que xa hai tres evidencias na rede. Tamén acaba de poñer en circulación ‘Salmonete’, primeira referencia de Mullet para Efepé Ediciones, e prepara material cunha terceira banda, Musel.