Programa case monográfico e armado a catro mans co xornalista Alberto Ramos arredor do actor, dramaturgo e produtor teatral. No tempo da entrevista, o estudioso Xosé Manuel Fernández Castro.
Programa case monográfico e armado a catro mans co xornalista Alberto Ramos arredor do actor, dramaturgo e produtor teatral. No tempo da entrevista, o estudioso Xosé Manuel Fernández Castro.
Detesto as quinielas, polo menos por dúas razóns. A primeira parécese bastante a unha prevención ideolóxica: os xogos de azar e a desigualdade, todo ese tema. A outra é máis mundana: son malísimo nas apostas. Un desastre. Por iso esta ducia non prognostica nada. Cruza feitos, en todo caso, e ás veces demasiado intoxicados polo desexo e a carraxe. Desculpen.
“Coidado con Galicia: está inzada de subalternos. Non están organizados, pero bailan e cantan e gruñen e fano en galego (uns) e sen permiso (todos). E enriba, reprodúcense”.