Cando ‘Los pasos dobles’ aínda estaba en fase de montaxe, hai un ano, o cineasta pasou pola Coruña para proxectar no CGAI ‘Los condenados’, unha fita de ficción na que se achegaba á loita armada a través das experiencias na Arxentina dos anos 60 e 70.