Etiqueta: sinsal

Detesto as quinielas, polo menos por dúas razóns. A primeira parécese bastante a unha prevención ideolóxica: os xogos de azar e a desigualdade, todo ese tema. A outra é máis mundana: son malísimo nas apostas. Un desastre. Por iso esta ducia non prognostica nada. Cruza feitos, en todo caso, e ás veces demasiado intoxicados polo desexo e a carraxe. Desculpen.

[+]

Escritor e xornalista comparten este xoves 25 de outubro, a partir das 19.30 horas, o primeiro dunha serie de coloquios sobre música e literatura na sala Normal. Nas vindeiras semanas os participantes serán Daniel Salgado, Mario Regueira, Xesús Fraga, Xurxo Souto, Javier Becerra e David Saavedra.

[+]

Alá foron os dous primeiros asaltos radiofónicos de ‘Disimulen’. Fico agradecido aos sinsalitas polo convite e ao equipo do programa polo curro e o preceptivo apoio moral. Talvez non sexa a última ronda. A radio é viciosa e eu arrastro 32 primaveras de personalidade adictiva.

[+]

“A música indie é o peor sitio do mundo para intentar escribir ou dicir algo interesante; só hai un par de excepcións: Bill Callahan, Sr Chinarro e pouco máis”. O canadense presenta as cancións de ‘Kaputt’, o seu noveno disco como Destroyer, este mércores ás 21.30 na terraza do Auditorio do Mar de Vigo. Comeza a tempada de verán na décima edición do Festival Sinsal.

[+]