Iago Martínez (Vigo, 1979) é xornalista cultural e publica regularmente en El País, Rockdelux e ProTexta, ademais doutras reservas indias. Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais, 2011) é o seu primeiro libro e Contra a morte, escrita e dirixida a medias con Alexandre Cancelo, a súa primeira longametraxe documental. Os últimos tres anos dedicoullos a Xornal de Galicia e Xornal.com, onde foi xefe de Cultura e coordinador dos suplementos Nós, Exit e Contexto. Antes pasou polas redaccións de O Miñor, Atlántico Diario, 20 Minutos e Tempos Novos, colaborou en Mondosonoro e coordinou unha etapa da revista de libros ProTexta.

iagomartinez